Fran Escribá destacou o xogo do RC Celta na primeira parte. “Asemellouse moito ao que habiamos preparado e estivemos cómodos. Logo, tras o 1-0 o encontro púxose costa arriba”, indicou o adestrador.
O preparador valenciano si destacou a actitude do equipo durante todo o partido. “O equipo non baixou os brazos. Equivocámonos as veces que entramos no campo contrario pero a nivel de actitude non baixamos os brazos”, comentou.
Pola súa banda, David Costas falou das sensacións que deixou lle o partido tras o asubío final. “Está a custarnos chegar á área rival e eles tiveron máis o balón e acabaron levándose o partido”, sinalou.