GenericoCamiseta-1300x400
Primeiro Equipo

Galicia, tradición e o noso novo himno: o primeiro equipamento para o Centenario chega cargado de historia e sentimento

RC Celta

1920-webO RC Celta presenta a súa camiseta máis innovadora e rupturista, pero sen esquecerse dos seus valores e tradicións no primeiro equipamento para esta nova tempada. Nun ano tan especial para todo o club, Galicia cobra especial importancia nesta peza, co uso destacado da bandeira de todos no peito, reforzando a unión entre o RC Celta e a súa terra.
Tamén se realizou un tributo á orixe da entidade que cumpre 100 anos. O noso agradecemento a Estrella Galicia polo uso monocolor do seu patrocinio nunha camiseta tan especial. A marca galega mostra unha vez máis o seu compromiso co RC Celta neste ano de Centenario.
O pescozo da camiseta conta cunha homenaxe aos dous clubs que antecederon ao que hoxe é o RC Celta, o Real Club Fortuna e Vigo Sporting. Coas súas iniciais unidas por e para sempre nesta camiseta exclusiva, o Club deixa constancia do legado recibido, e do precedente que sentaron axuntando forzas para alcanzar os seus soños.
O himno por bandeira
O Club non quixo deixar pasar esta oportunidade para que o novo himno, composto polo artista internacional C. Tangana, acompañe á afección e séntao como propio. Por iso, o lateral da camiseta contará coa letra, creada con tanto mimo e esmero por un celtista para todos os celtistas A nova peza está dispoñible desde hoxe, sábado 7 de xullo, tanto nas tendas física da Sede e ABANCA Balaídos, como na web.
O prezo da camiseta será 84,95€. Os abonados da tempada 23/24 poderán gozar dun desconto nesta peza histórica deseñada outro ano máis por Adidas. A próxima semana publicarase máis información sobre este beneficio exclusivo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas