Lobotka, a sensación eslovaca
Stanislav Lobotka está a ser unha das sensacións da Selección de Eslovaquia. Tras asinar unha actuación sobresaliente ante Eslovenia que lle valeu para ser elixido ‘Mellor Xogador do Partido’ en diversos medios especializados, Lobotka volveu ser protagonista no partido de clasificación ao Mundial ante Inglaterra en Wembley.
Aos 3 minutos de xogo, o centrocampista celeste recuperou o balón, asociouse cun compañeiro e recibiu de novo o esférico para, tras controlalo coa destra, enviar o balón ao fondo da rede cun disparo cruzado. Os ingleses lograron remontar o partido, que finalizou cun marcador de 2-1 a favor dos locais. Co seu primeiro gol coa absoluta eslovaca, Lobotka pon de momento punto e final aos seus compromisos internacionais.
Sisto repite titularidade con Dinamarca
Pione Sisto repetiu titularidade con Dinamarca no partido de clasificación ao Mundial ante Armenia disputado en Yereman. O atacante celeste mantívose no terreo de xogo 67 minutos nun choque que se resolveu cunha contundente vitoria por 1-4 a favor dos daneses.
Finalizan os compromisos internacionais
Con Lobotka e Sisto xa liberados dos seus compromisos internacionais e en marcha para reincorporarse ao equipo na Madroa, son cinco os xogadores celestes que aínda permanecen concentrados coas súas seleccións: Iago Aspas, Radoja, Tucu, Emre Mor e Iván Villar disputarán este martes os seus últimos partidos nesta ‘Data FIFA’.
Iago Aspas (España)
España-Italia (3-0) | CLASIF. MUNDIAL | Sen minutos
Liechtenstein-España | 5.9.17 – Vaduz | CLASIF. MUNDIAL
Radoja (Serbia)
Serbia-Moldavia (3-0) | CLASIF. MUNDIAL | Entrou no 77′
Irlanda-Serbia | 5.9.17 – Dublín | CLASIF. MUNDIAL
Pablo Hernández (Chile)
Chile-Paraguai (0-3) | CLASIF. MUNDIAL | Sein minutos
Bolivia-Chile | 5.9.17 – La Paz | CLASIF. MUNDIAL
Sisto (Dinamarca)
Dinamarca-Polonia (4-0) | CLASIF. MUNDIAL | Partido completo
Armenia-Dinamarca (1-4) | CLASIF. MUNDIAL | Titular, ata o 67′
Lobotka (Eslovaquia)
Eslovaquia-Eslovenia (1-0) | CLASIF. MUNDIAL | Partido completo
Inglaterra-Eslovaquia (2-1) | CLASIF. MUNDIAL | Partido completo e gol
Emre Mor (Turquía)
Ucraína-Turquía (2-0) | CLASIF. MUNDIAL | Sen minutos
Turquía-Croacia | 5.9.17 – Eskişehir | CLASIF. MUNDIAL
Iván Villar (España Sub-21)
España-Italia (3-0) | AMIGABLE | Sen minutos
Estonia-España | 5.9.17 – Tallin | CLASIF. EUROPEO