O partido, disputado nun día de intensa néboa na Madroa, finalizou 2-3 a favor do filial
O primeiro equipo e o Celta B disputaron esta mañá na Madroa un partido no que a néboa, os goles e o bo ambiente foron os protagonistas. O filial celeste fíxose coa vitoria pola mínima grazas aos goles de Señé desde o punto de penalti, Luís Rioxa e Borja Iglesias. Bongonda e Charles, goleadores do Celta, deron emoción ao encontro que finalizou cun resultado de 2-3.
Antes do comezo do choque gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do tráxico accidente aéreo dos Alpes.
Fotografía: Fon García