nolito celebracion celta getafe 120521
Primeiro Equipo

“Golito” de Nolito para sumar o cuarto triunfo consecutivo (1-0)

RC Celta

O partido arrincou con moita igualdade entre ambos os equipos. O Getafe dificultou a construción do xogo celeste nos primeiros compases do encontro, nos que o RC Celta non conseguía pisar a área rival.

Ao vinte minutos de xogo, os de Coudet empezaron a espertar con algunhas chegadas de perigo que non tardaron en resultar efectivas. No minuto vinte e tres, Denis Suárez enviou un balón desde a banda dereita que Santi Mina peiteou o suficiente para envialo aos pés de Nolito, no segundo pau. O de Sanlúcar armou a perna e bateu por baixo a Soria para subir o primeiro tanto ao marcador.

A pesar do gol, a dinámica do partido continúo como até entón até o descanso. Minutos antes do tempo morto, Iván Villar protagonizou unha fabulosa parada nun man a man con Ángel coa que evitaba o empate.

Na segunda parte o equilibrio do partido mantívose de principio a fin. O gardameta celeste Iván Villar volveu destacar con varias paradas excelentes que permitiron ao cadro vigués manter a súa mínima vantaxe. No tramo final do choque chegaron dúas xogadas polémicas: unha dura entrada de Cucurella a Kevin que non levou sanción, e unha posible man de Joseph Aidoo, desestimada tras revisar que viña dun rebote na perna do propio futbolista.

O Celta soubo resistir ante un rival duro e mostrou madurez como equipo até o asubío final para asegurar tres puntos que permiten aos celestes seguir soñando con escalar postos na clasificación a falta de dúas xornadas para o final do campionato.

 

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA: Iván Villar, Kevin, Aidoo, Carlos Domínguez, Aarón Martín, Beltrán, Brais Méndez (Solari, min.69), Denis Suárez, Nolito (Solari, min.69), Iago Aspas, Santi Mina (Hugo Mallo, min.81).

0 – GETAFE CF: Soria, Iglesias (Kubo, min.60), Djene, Chema, Olivera, Maksimovic, Aleñá, Damián, Cucurella, Ángel, Ünal (Mata, min.60).

Goles: Nolito, min.23 (1-0).

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Damián, Chema Rodríguez e Olivera do Getafe.

Observacións: partido xogado en Abanca Balaídos sen público. Antes do partido gardouse un minuto de silencio en memoria de Antonio Gausí, xogador do RC Celta nos anos 50 que faleceu esta semana.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas