GrazasRubén!
Novas primeiro equipo

O canteirán Rubén Blanco inicia unha nova etapa no Olympique de Marsella

RC Celta

O RC Celta e o Olympique de Marsella pecharon hoxe un acordo para o traspaso do gardameta Rubén Blanco, canteirán celeste que emprende unha nova etapa deportiva tras máis de 15 anos no club.

Rubén, céltico desde a categoría infantil, deixa recordos indelebles e leva un enorme agarimo do vestiario celeste, onde era un referente polo seu compromiso e profesionalidade. Ninguén esquecerá nunca o seu debut con 17 anos en Valladolid, a súa  serenidade e as magníficas paradas que conduciron á milagrosa salvación posterior.

O porteiro mosense gañouse ao longo dos seus anos no club o agarimo e respecto da afección polo seu rendemento, compromiso e o indubidable amor ao club que mostrou desde a súa chegada, con 12 anos de idade,

O canteirán deixa o RC Celta tras 142 partidos no primeiro equipo e outros 34 no filial, ademais de 22 en distintas categorías da Selección Española, desde a sub-17 á sub-21.

O RC Celta quere expresarlle a Rubén o seu máis sincero agradecemento por converterse nun exemplo de honestidade e compromiso para todos os canteiráns, pola súa profesionalidade e exemplar comportamento sempre e pola implicación co equipo que exhibiu cada día durante tantos anos. Moita sorte Rucho!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas