Este venres baixa a carga de traballo cunha única sesión, partidillo e tarde libre
Os xogadores do primeiro equipo están a render ao máximo nos primeiros días de concentración en Marbella. O corpo técnico organizou un esixente plan de adestramentos, con dobres sesións por norma xeral, nos que se fai especial atención á condición física.
Os celestes gozarán este venres dun día con menor carga de traballo. O plantel realizou unha única sesión pola mañá con partidillo incluído e disporá da tarde libre para recuperar forzas antes de afrontar outra xornada de dobre adestramento.
No referido ao parte médico, Borja Oubiña e Hugo Mallo están a participar progresivamente na dinámica do grupo, mentres que Pablo Hernández e Jota Peleteiro manteñen a actividade individual de recuperación para superar as súas respectivas lesións.