Primeiro Equipo

Gran exhibición do Celta para certificar a permamencia

RC Celta

cel-vad_1314_celebracion.jpg

Fantástico partido, espléndida afección e goleada ante o Valladolid (4-1)

 

Xornada de festa en Balaídos, coa onda e a Rianxeira nas bancadas acompañando unha nova exhibición celeste para certificar a permanencia en Primeira División. O Celta superou con claridade ao Valladolid para sumar 43 puntos e escalar posicións na táboa.

 

O Celta púidose adiantar ao seis minutos cun blón longo de Yoel que controlou Charles, quen lanzou con potencia, pero o coiro estrelouse na madeira. A xogada repetiuse aos 12 minutos, con centro desde a esquerda e cabezazo de Nolito ao pau…

 

Os célticos dominaban con claridade o partido e ben puideron chegar ao primeiro cuarto de hora con vantaxe no marcador ante un rival que tentaba sen éxito presionar a saída de balón dos locais e era incapaz de xerar perigo.

 

Aos 22 minutos, Hugo Mallo tivo que deixar o campo por lesión e entrou Aurtenetxe, circunstancia que devolveu a Jonny á banda dereita. E xusto despois, Orellana rompeu polo centro e plantouse ante Jame, quen logrou desviar lixeiramente coa coxa o remate do celeste e evitou o tanto.

 

Á media hora, Fontás cabeceou alto, por moi pouco, un saque de esquina desde a esquerda nunha nova ocasión para un Celta que acumulaba oportunidades para adiantarse no marcador.

 

Pouco despois, volea de Charles tras un gran pase de Krohn-Dehli que atrapou ben Jaime. E aos 36 minutos, tívoa o Valade0olid, non acertou e na contra Orellana penetrou e filtrou un gran pase para que Nolito marcase. Gran xogada para lograr unha vantaxe máis que merecida.

 

E ampliouse dous minutos despois, aos 38. De novo gran pase de Orellana cara a Charles, quen bateu con tranquilidade a Jaime. Dúas poutadas para deixar ao Valladolid moi tocado nesta primeira parte de dominio claro dos locais.

 

Tras a continuación, no primeiro minuto, taconazo de Madinda a Nolito e gol do andaluz, quen amagó e colocou o coiro lonxe do alcance de Jaime. E un minuto despois, outra gran xogada, con centro de Madinda que Mitrovic acaba metendo na súa portaría ante Charles. Goleada e salvación celebradas nas bancadas, de novo cunha afección espléndida, coa onda e a Rianxeira.

 

A falta dun cuarto de hora, Manucho cabeceou á rede para anotar o tanto da honra valisoletana.

 

FICHA TÉCNICA

 

4-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo (Aurtenetxe, min.20), Cabral, Fontás, Jonny, Krohn-Dehli, Madinda, Rafinha (Augusto, min.60), Orellana, Nolito e Charles (Mario Bermejo, min.66)

 

1-R.Valladolid; Jaime, Rukavina, Rossi, Mitrovic, Rueda, Bergdich (Jeffren, min.71), Peña, Álvaro Rubio (Víctor Pérez, min.63), Larsson (Manucho, min.46), Óscar e Javi Guerra.

 

Goles: 1-0, min.36: Nolito; 2-0, min.28: Charles; 3-0. Min.46: Nolito; 4-0, min.48: Mitrovic en propia porta; 4-1, min.74; Manucho

 

Árbitro: José Antonio Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Amonestou a Ávaro Rubio), Jesús Rueda, Bergdich

 

Campo: Balaídos, 17.106 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio en memoria de Tito Vilanova, ex xogador dol Real Club Celta entre os anos 1992 e 1995 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas