16-9 (17)
Novas primeiro equipo

Grasshopper, cuarto rival confirmado da pretempada do RC Celta

RC Celta

O RC Celta ten un novo compromiso na súa axenda da pretemporada 25/26. Tras os amigables xa anunciados fronte ao Wolverhampton, SC Braga VfB Stuttgart, o conxunto celeste suma un máis á lista: o Grasshopper Club Zúrich, ao que se enfrontará no GC Campus o vindeiro martes 29 de xullo ás 15:00 horas.

O Grasshopper é o club máis laureado do fútbol suízo, con 27 títulos de liga e 19 copas nacionais na súa palmarés. Cunha dilatada traxectoria tanto a nivel nacional como europeo, é un dos referentes históricos do fútbol en Suíza; polo que este compromiso permitirá ao equipo dirixido por Claudio Giráldez medirse e seguir afinando a súa preparación para unha ilusionante campaña 25/26.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas