GRAZAS GABRI 1300X400
Primeiro Equipo

O centrocampista Gabri Veiga emprende unha nova etapa deportiva no Al Ahli

RC Celta

O RC Celta e o Ao Alhi pecharon hoxe un acordo para o traspaso do centrocampista Gabri Veiga, canteirán celeste, que inicia unha nova etapa deportiva na emerxente liga de Arabia Saudita tras unha brillante tempada co conxunto céltico.

Gabri deixa por tanto a súa casa, cuxa porta se lle abriu, e nunca se pechará, hai case unha década, para emprender unha nova etapa nun equipo cargado de grandes xogadores con rutilantes traxectorias no fútbol europeo.

O RC Celta, como antes fixo con outros canteiráns, respecta e comprende a decisión de Gabri de emprender un novo proxecto deportivo e quere agradecerlle á súa entrega, compromiso e comportamento durante a súa etapa tanto nas categorías inferiores como no primeiro equipo, no que se converteu nun exemplo para todos os canteiráns, e desexarlle o maior dos éxitos na súa nova etapa.

É e será sempre un vos nosos. Sorte Gabri!

!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas