Un xogador emblemático, comprometido, exemplar en todas as súas facetas, líder e compañeiro pon fin á súa etapa no RC Celta. Gustavo Cabral, cuxo contrato expira o próximo 30 de xuño, emprenderá unha nova aventura deportiva lonxe do club no que durante sete anos mostrou unha profesionalidade e un comportamento exquisitos. O RC Celta só pode darlle as grazas por todos estes anos de afouteza, de paixón e entrega absoluta e desexarlle o maior dos éxitos alá onde vaia.
Son moitas as imaxes inesquecibles que deixa Cabral coa camiseta celeste, son moitos os recordos que perdurarán na memoria do celtismo tras 230 partidos e máis de 19.000 minutos de xogo. Un exemplo, o seu gol na prórroga ao Shakhtar Donetsk que certificou o pase aos oitavos de final da Europa League.
O RC Celta confía en que o seu novo club permítalle regresar a Abanca Balaídos no mes de agosto para que poida recibir un máis que merecido homenaxe durante a celebración do Memorial Quinocho.
Gustavo Cabral será sempre ‘un dos nosos’.