Importante punto obtido no Sánchez Pizjuán contra o Sevilla FC tras o empate dos celestes por 1-1. Na segunda parte o ‘Mudo’ Vázquez adiantaba aos hispalenses no marcador, cun gran cabezazo tras asistencia de Banega.
Pero con sentimento e orgullo, os xogadores dirixidos por Fran Escribá conseguiro poñer táboas no resultado final. Denis Suárez, tras unha gran combinación entre Lobotka, Santi Mina e o propio xogador nado en Salceda, conseguía marcar na meta sevillista. Un punto que aumenta en catro o total obtido na Liga Santander.
Despois do parón de seleccións, o RC Celta recibirá ao Granada, o domingo 15 de setembro ás 16:00 en Abanca Balaídos.