A liga modificou os horarios da última data do campionato tras a conclusión da xornada 37. O RC Celta recibirá ao Rayo Vallecano o sábado 18 de maio ás 20:45 no estadio Abanca Balaídos, un encontro no que o conxunto galego deberá materializar unha permanencia que, a día de hoxe, é virtual.
O club anunciará nas próximas horas os prezos das entradas para este choque, así como as iniciativas destinadas a repetir o espectacular ambiente que se viviu durante as últimas xornadas no estadio celeste.