hugo
Primeiro Equipo

Hugo Mallo convértese no xogador do RC Celta con máis partidos en Primeira División

RC Celta

A lenda de Hugo Mallo agrándase no RC Celta. O actual capitán converteuse hoxe ante Osasuna no futbolista con máis partidos en Primeira División da historia do club. O canteirán de Marín disputou o seu partido 236 coa camiseta celeste na máxima categoría do fútbol nacional e adianta a outra figura lendaria, o ruso Alexander Mostovoi.

Historia viva do club, até a data Hugo Mallo disputou 371 encontros oficiais co RC Celta, o que lle sitúa no podio histórico de xogadores que defenderon a camiseta celeste. Por diante, tan só ten a dúas lendas como son Atilano (392 partidos) e Manolo (533).

O seu debut co primeiro equipo produciuse o 29 de agosto de 2009 en ABANCA Balaídos ante o CD Numancia e o seu primeiro partido en Primeira División chegou case tres anos despois, o 18 de agosto de 2012, tamén no estadio celeste.

Hugo Mallo é internacional Sub-20 coa Selección Española, coa que disputou o Mundial de Colombia en 2011. Nos seus máis de 30.000 minutos coa camiseta do RC Celta, o canteirán suma 7 goles e 23 asistencias.

Incansable pola banda dereita, o capitán celeste ha rido e chorado defendendo unhas cores que son súas desde hai moitos anos. Unha figura lendaria que hoxe volve escribir un capítulo con letras de ouro na historia do RC Celta. Parabén Hugo

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas