Hugo Mallo é historia viva do RC Celta. O canteirán celeste sumou ante o Villarreal 350 partidos oficiais defendendo o escudo céltico, unha cifra só ao alcance doutro catro lendas do club: Vicente (350), Maté (368), Atilano (392) e Manolo (533).
O de Marín debutaba co primeiro equipo en 29 de agosto de 2009 ante o Numancia en Balaídos, con dezaoito anos e sen pasar polo filial. Unha década despois, Hugo Mallo é un referente para a canteira e o celtismo. Ás súas costas partidos polo ascenso, a consolidación en Primeira, dúas semifinais de Copa do Rei, unha de Europa League… O brazalete pórtao unha auténtica lenda.