iago-aspas-celta-vigo-madroa-entrenamiento-260419.jpg
Primeiro Equipo

Hugo Mallo recibe a alta e a lesión ósea de Iago Aspas descartouse

RC Celta

Boas noticias no parte médico do primeiro equipo. Hugo Mallo, que sufriu un traumatismo no pé dereito durante o partido de Liga ante o Leganés, recibiu a alta médica tras completar con total normalidade o adestramento co grupo. O capitán celeste ha recibido a alta médica e poderá participar no choque deste sábado ante o FC Barcelona (sábado, 20:45, Abanca Balaídos).

Tamén hai novidades sobre a lesión de Iago Aspas. O dianteiro galego terminou o encontro en Butarque cunha escordadura acromioclavicular no ombreiro dereito, pero as probas médicas realizadas descartan unha lesión ósea que podería complicar a recuperación do atacante.

Por outra banda, as molestias do nocello esquerdo de Emre Mor melloran e este martes o internacional turco completou o adestramento co grupo. Quen mantén o adestramento individual é David Juncà, que arrastra unha rotura fibrilar desde o pasado 16 de marzo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas