Hugo-Mallo
Primeiro Equipo

Hugo Mallo recibe unha sentida homenaxe na Madroa polos seus 236 partidos en Primeira División

RC Celta

Xornada moi especial na Madroa para o RC Celta e todo o celtismo. Hugo Mallo, histórico capitán do primeiro equipo, recibiu unha merecida e sentida homenaxe por converterse no xogador do club con máis partidos en Primeira División. O canteirán de Marín superou recentemente a marca de 235 partidos establecida por outra lenda celeste: Alexander Mostovoi.

Hugo Mallo recibiu unha camiseta personalizada de mans do presidente coa cifra ‘236’ e estivo arroupado por todo o plantel e corpo técnico, aos que dirixiu unhas sentidas palabras de agradecemento.

O lateral dereito debutou en Primeira División fronte ao Málaga o 18 de agosto do 2012 en Balaídos e desde entón bateu innumerables marcas. Até a data, Hugo Mallo disputou 372 encontros coa camiseta celeste e xa só ten por diante a Atilano (392) e Manolo (533).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas