Hugo Sotelo, xogador do RC Celta, foi convocado por primeira vez coa Selección Española Sub-21.
O seleccionador español, Santi Denia, incluíu ao canteirán celeste na lista de convocados para que se una ao combinado español nos partidos amigables ante Inglaterra e Dinamarca.
O encontro ante o conxunto inglés será o próximo venres, 15 de novembro ás 18:30h, no Estadio Municipal Ciudad de la Línea. Mentres que o martes, 19 de novembro ás 19.00 h, enfrontaranse a Dinamarca no Estadio Carlos Belmonte de Albacete. Tras lograr a clasificación para o campionato europeo, a Selección española sub-21 continúa así coa preparación da próxima Eurocopa que se celebrará en Eslovaquia do 11 ao 28 de xuño de 2025.
Unha convocatoria que supón todo un recoñecemento para o gran rendemento que o xogador celeste está a demostrar esta tempada na que cada vez ten máis protagonismo co primeiro equipo. Hugo Sotelo renovaba hai escasas semanas o seu compromiso co RC Celta ata 2028.
Parabéns, Hugo!