É un exemplo para o RC Celta e a súa canteira, motivo de orgullo e emblema do club celeste. Hugo Mallo, que no duelo ante Osasuna do pasado 6 de xaneiro cumpriu 300 partidos en LaLiga coa camiseta celeste, foi homenaxeado polo público de Abanca Balaídos nos prolegómenoes/prolegómenos do encontro ante o Rayo Vallecano.
O canteirán celeste recibiu, en mans do presidente Carlos Mouriño, unha camiseta conmemorativa deste fito que o coloca como o primeiro xogador da historia do RC Celta en alcanzar esta cifra, toda unha vida de paixón e entrega pola camiseta celeste, un orgullo para a canteira que prosegue agrandando a súa lenda.

Primeiro Equipo