Iago Aspas volveu. O canteirán celeste marcou por segunda xornada consecutiva e fíxoo cun dobrete clave para lograr o tres puntos do encontro ligueiro ante o Athletic Club (3-1). A conta goleadora de Aspas coa camiseta do RC Celta xa ascende a 100 dianas, un dato que referenda ao galego como unha lenda viva do club.
O dianteiro supera con este dobrete ao lendario Mostovoi en goles anotados en Balaídos. Con 51 tantos, Aspas xa marcou no estadio vigués un máis que o histórico futbolista ruso. Ademais, o seu segundo gol ante o conxunto bilbaíno foi o 2.300 do Celta en Primeira División.