aspasseleccion151116.JPG
Primeiro Equipo

Iago Aspas brilla no seu debut coa Selección Española

RC Celta

aspasseleccion151116.JPG

 


MIRA O GOLAZO DE IAGO ASPAS AQUÍ


 

Iago Aspas está a vivir o momento máis doce da súa carreira. Asinou un mes de outubro sobresaliente con cinco goles e unha asistencia, foi convocado a semana pasada pola Selección Española por primeira vez na súa carreira, recibiu este luns o premio ao Mellor Xogador de LaLiga de Outubro e onte brillou no seu debut con ‘a Vermella’ ante Inglaterra no mítico estadio de Wembley.

 

O canteirán celeste entrou ao terreo de xogo tras o descanso, en substitución de Mata. Desde o primeiro momento Aspas entregouse ao máximo, deixou moi bos detalles e fixo traballar á defensa inglesa. Por se todo isto fose pouco, a catro minutos para o final do partido e cun 2-0 en contra, Aspas asinou unha obra de arte en forma de gol, unha vistosa diana que marcou o camiño cara ao empate, conseguido no tempo de prolongación grazas a un tanto de Isco.

 

“Estou moi feliz. É un debut soñado”, asegurou Aspas tras o amigable. O xogador galego chega este mércores a Vigo e mañá incorporarase aos adestramentos do equipo na Madroa.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas