O espectacular partido de Iago Aspas ante o Sevilla, no que anotou tres do catro goles celestes, fixéronlle merecedor do título de MVP (Xogador Máis Valioso) da xornada 31 de LaLiga. O futbolista de Moaña, empatado con Messi, é o xogador que máis puntos conseguiu en LaLiga Fantasy, o xogo oficial do campionato do que se extrae cada semana o once ideal en función do rendemento de cada xogador.
Ademáis do dianteiro galego, o tamén celeste Pedro Pablo “Tucu” Hernández foi incluido entre os once mellores futbolistas da xornada.