O RC Celta e a afección recibiron con gran orgullo e alegría a convocatoria do canteirán Iago Aspas coa selección española para a Copa do Mundo de Rusia, que se disputa o próximo verán. O dianteiro realizou unha tempada excepcional na que anotou 22 goles, cifra que lle permitiu converterse no máximo goleador do club vigués nunha tempada de Primeira División igualado co mítico Mauro.
Ademais, o canteirán formou xunto a Maxi Gómez a parella máis letal nunha tempada na historia do RC Celta con 39 goles en 38 xornadas de Liga, empatados coa formada por Hermidita e Atienza na campaña 1951/52.
Iago Aspas toma o relevo de Jorge Otero como mundialista celeste. Vinte e catro anos despois, un canteirán que viste a camisola do RC Celta acudirá a un Mundial coa selección nacional e neste caso o fai como máximo goleador español da Liga por segundo ano consecutivo.