Iago Aspas e Jorge Otero, ex xogador do RC Celta, apadriñaron este xoves a nova sede da Real Federación Galega de Fútbol en Vigo. Situada fronte ao estadio de Balaídos, as novas dependencias da entidade galega reuniron na súa inauguración a un importante número de representantes do Celta, o fútbol e a política. O capitán celeste Hugo Mallo tampouco faltou á cita.