Primeiro Equipo

Iago Aspas e Maxi Gómez soñan espertos no Mundial de Rusia

RC Celta


Xornada histórica para o RC Celta e os seus internacionais. Iago Aspas e Maxi Gómez continúan cumprindo soños e logrando fitos na súa carreira: o canteirán marcou o seu primeiro gol no Mundial e o charrúa debutou no torneo internacional.

O goleador celeste Maxi Gómez estreouse no Mundial de Rusia con Uruguai ao entrar en substitución de Cavani no tempo de desconto do partido ante Rusia, un duelo que finalizou con goleada charrúa ante a anfitrioa (3-0). Pola súa banda, Iago Aspas volveu ser un bulebule con España. O galego accedeu ao terreo de xogo no minuto 74 no lugar do ex céltico Diego Costa e co tempo regulamentario cumprido, Aspas anotou un fermoso gol de espuela que supuxo o 2-2 ante Marrocos e a consecución do primeiro posto do grupo para o combinado español. Tras uns instantes de tensión nos que se recorreu ao VAR para comprobar que non estaba en fóra de xogo, o moañés puido celebrar o seu histórico tanto.

Uruguai, que tamén se clasifica como primeira de grupo, enfrontarase en oitavos de final a Portugal (sábado 30, 20:00, Telecinco), e España medirase á anfitrioa Rusia (domingo 1, 16:00, Telecinco). Este martes 26 de xuño será a quenda doutro céltico, Pione Sisto, que se xoga ante Francia o pase á seguinte rolda (16:00, Cuatro). Haberá tres xogadores do RC Celta nos oitavos do Mundial?

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas