ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Iago Aspas, ganador do Premio Estrella Galicia de decembro: “sempre é un orgullo recibir o apoio da afección”

RC Celta

É un nome que non podía faltar no palmarés dos Premios Estrella Galicia. Iago Aspas foi elixido pola afección celeste como o mellor xogador do RC Celta durante o pasado mes de decembro, no que anotou ante Espanyol e Valencia e ofreceu un extraordinario rendemento. O canteirán mostrouse “moi contento por recibir este premio” e quixo “unha vez máis dar as grazas á afección e a Estrella Galicia”.

“Espero que sexa o primeiro de moitos esta tempada”, engadiu o dianteiro celeste, quen sinalou que “xa teño uns cantos de anos anteriores, sempre vén ben porque significa que fixen as cousas ben o mes pasado”.

Iago Aspas comentou que se pode dicir que “xa collín carrerilla e este mes empecei ben tamén contra o Betis e esperamos poder repetir ante Osasuna”. Para rematar, destacou que “é un plus e un orgullo recibir o apoio da afección e sempre lle estarei moi agradecido”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas