Iago Aspas recibiu esta mañá na Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de decembro. O dianteiro celeste obtivo o 45% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Rafinha cun 35% dos votos e de Néstor Araujo cun 20%.
O canteirán, que recibiu o galardón de mans de Marga Eiras y José Luis Panteón, propietarios da Cafetería Maracaibo, mostrou a súa alegría ao recoller o seu primeiro premio Estrela Galicia da tempada e agradeceu o apoio dos afeccionados. “Grazas á afección e aos compañeiros por axudarme a conseguir este trofeo”, apuntou. Miguel Rial acudiu en representación de Estrella Galicia.
De cara ao próximo partido de LaLiga ante o Athletic Club, onde o RC Celta quere conseguir unha vitoria para impulsarse na clasificación, Iago Aspas destacou a importancia do mesmo. “É un campo moi difícil pero xa fixemos bos encontros alí en tempadas anteriores”, asegurou.
O tres veces gañador do Trofeo Zarra puxo en valor a relevancia do paso adiante do equipo. “Os últimos partidos en Liga foron bos” comentou en sala de prensa.