20241016_Septiembre_MVP_EG_IagoAspas-17
Novas primeiro equipo

Iago Aspas, primeiro Premio Estrella Galicia da tempada

RC Celta

Iago Aspas gaña o primeiro Premio Estrella Galicia da tempada. O canteirán foi elixido polos afeccionados celestes como o mellor futbolista do conxunto vigués do mes de setembro. Este recoñecemento chega nun mes especialmente significativo para o noso capitán, quen alcanzou a impresionante cifra de 500 partidos oficiais co primeiro equipo do RC Celta.

Actualmente, Aspas disputou un total de 502 encontros, nos que marcou 208 goles e repartido 81 asistencias, sumando 36.568 minutos coa camiseta celeste. Unhas cifras consolídano como unha verdadeira lenda viva do club e un galardón máis que afianza o seu legado na historia do Celta.

Iago, que se impuxo na fase final da votación a Carl Starfelt, Marcos Alonso, Hugo Álvarez e Óscar Mingueza, expresou a súa gratitude á afección e aos seus compañeiros polo premio nunha entrevista para Celta Media. “Estou moi contento. Grazas á afección por votarme e tamén aos meus compañeiros por axudarme a conseguir este premio. É algo moi bo e moi bonito, e iso quere dicir que se están facendo as cousas ben”, subliñou o 10.

Tras engadir as súas impresións sobre o galardón, Aspas falou do inicio de tempada, destacando que “tivemos partidos moi bos, estamos a facer as cousas moi ben”, antes de analizar o próximo encontro. “Agora estamos nunha semana moi emocionante cun partido moi bonito en Abanca Balaídos, onde temos que sacar os tres puntos. É un rival difícil, pero estamos na nosa casa, coa nosa xente. Xa xogamos contra outros grandes rivais poñéndoos en aprietos e espero, xa non só puntuar, senón gañar este partido”.

Ademais, este mes de outubro arrinca a Copa del Rey e o capitán non quixo perder a oportunidade de destacar a ilusión que lle fai dita competición. “Creo que é un torneo moi bonito, no que queremos volver ter partidos na nosa casa e, para iso, necesitamos estar concentrados e ir pasando roldas.”, sinalou.

Finalmente, pechou as súas declaracións, de novo, agradecido coa afección. “Moitas grazas, afección, por este premio. Traballaremos para conseguir moitos máis”.

Parabén, Iago!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas