Tras adestrar esta mañá con nomalidad xunto ao resto do grupo, Iago Aspas recibiu a alta médica. O futbolista galego xa está totalmente recuperado da microrrotura fibrilar no bíceps femoral dereito que sufriu o 12 de Marzo durante o partido de Liga ante a Real Sociedad. O xogador estará a disposición de Eduardo Berizzo de face ao derbi galego deste sábado.