ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Iago Aspas recibe o seu segundo Premio Estrella Galicia: ”Queremos acabar o máis arriba posible”

RC Celta


Iago Aspas recolleu na Cidade Deportiva Afouteza o seu segundo Premio Estrela Galicia da tempada, que nesta ocasión acredítalle como mellor xogador do mes de marzo, de mans dos hosteleiros gañadores do Premio da Cervecería do Mes en Vigo, Camping Samil Playa. O canteirán anotou un doblete na vitoria contra o Mallorca en Abanca Balaídos, co seu segundo gol no último minuto do desconto para darlle o triunfo aos celestes. Ofreceu tamén un gran rendemento nos outros dous encontros disputados ese mes, ante Villarreal e Betis, como recoñeceu a afección celeste na votación que lle permitiu alzarse co seu segundo trofeo e igualar a Fran Beltrán e Jospeh Aidoo esta tempada.

“Estou moi contento, quero darlles as grazas á afección e a Estrella Galicia por este premio”, indicou Iago Aspas, quen destacou que “temos que seguir mellorando, non estamos facendo as cousas demasiado ben últimamente e aínda que é certo que viñamos nunha liña ascendente, temos moito que mellorar”.

Tras recoñecer que “estou xa desexando volver xogar en Balaídos con nosa xente”, o goleador celeste subliñou que neste final da competición “temos sobre todo que ir partido a partido, semana a semana, Sempre falamos de que hai que mellorar todas as tempadas e é certo que o ano pasado acabamos moi ben, con 4 ou 5 vitorias consecutivas. Ese é o obxectivo, terminar como a tempada pasada e acabar o máis arriba posible”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas