A excepcional campaña realizada por Iago Aspas, coroada pola súa convocatoria para a Copa do Mundo de Rusia coa Selección Española, permitiulle converterse no ganador do Premio Xogador Estrella Galicia da tempada, xa que foi elixido pola afección como mellor xogador do mes en dúas ocasións.
O canteirán agradeceu a súa designación para recibir este galardón e fixo partícipes del a todos os seus compañeiros. Iago Aspas realizou unha tempada espectacular, cunhas cifras que lle permitiron converterse xa en historia viva do RC Celta. Anotou 22 goles, o seu mellor rexistro en Primeira División, e seis deles foron ademais coa súa perna dereita. Deu cinco asistencias e disputou 34 partidos, 33 deles como titular, con 2.937 minutos xogados.