Iago Aspas reincorporouse este mércores aos adestramentos do primeiro equipo na Madroa tras regresar da concentración coa Selección Española. O dianteiro galego participou nos dous partidos de ‘La Roja’, disputando o últimos vinte minutos do amigable ante Gales (vitoria 1-4) e sendo titular até o minuto cincuenta e cinco no encontro da FIFA Nations League fronte a Inglaterra (derrota 2-3).