aspas
Primeiro Equipo

Iago Aspas, rei de LaLiga: máximo goleador e asistente do campionato en solitario

RC Celta

Poderiamos pór aquí todos os cualificativos sobre Iago Aspas e, ademais de estarnos a repetir, estariamos a quedar moi curtos. Ningún outro futbolista de LaLiga pode igualar os seus números no que levamos de campionato, o que mostra ben ás claras o nivel futbolístico do xogador de Moaña.

Iago Aspas despide o 2020 como o máximo goleador de LaLiga en solitario, con nove goles en 16 xornadas. Pero o canteirán celeste non só é capaz de anotar, senón que tamén é o rei das asistencias, con seis pases de gol aos seus compañeiros.

O excelso nivel de Aspas non é casual. Segundo datos de Afouteza e Corazón, o dianteiro é o futbolista que máis puntos deu ao seu equipo no últimas catro ligas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas