aspas.jpg
Primeiro Equipo

Iago Aspas reiniciará adestramentos limitados co grupo a principios de semana

RC Celta

A ecografía realizada esta tarde polos servizos médicos do RC Celta ao dianteiro Iago Aspas, quen sufriu unha rotura fibrilar no xemelgo interno da súa perna dereita a finais do mes de decembro, desvela a existencia dun bo proceso cicatricial, sen complicacións, aínda que non completo. A proba mostra ademáis unha pequena alteración na cicatriz dunha lesión antiga no músculo plantar delgado.

Segundo os servizos médicos celestes, o canteirán comezará a realizar adestramentos limitados co grupo a principios da próxima semana e establecerase un periodo de baixa en función da súa evolución.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas