O atacante galego Iago Aspas foi incluído por segunda xornada consecutiva entre os mellores de LaLiga, a súa terceira aparición no 11 ideal de Primeira División no que vai de campionato. O canteirán celeste foi un dos grandes protagonistas do apaixonante empate da xornada 10 entre a UD As Palmas e o RC Celta, encontro no que Aspas anotou dúas dos goles célticos.