16_9 (1)
Novas primeiro equipo

Iago Aspas supera a Eto’o e segue agrandando a súa lenda en LaLiga

RC Celta

Iago Aspas continúa escribindo a súa lenda en Primeira División. A pasada fin de semana, o dianteiro moañés alcanzou un novo fito ao marcar o seu gol número 163 na competición; 161 deles co RC Celta.

Este tanto anotado en Abanca Balaídos, máis aló de darlle tres puntos ao cadro celeste, permitiu a Aspas superar a Samuel Eto’o no posto 18 da clasificación histórica de goleadores de LaLiga, despedir a Bancada de Gol da mellor das maneiras e demostrar unha vez máis a súa capacidade para marcar diferenzas en momentos clave. Todo un logro que sobe de banzo ao canteirán e colócao aínda máis preto doutros grandes do deporte rei como Luis Suárez e Gorostiza, novos obxectivos a alcanzar.

O RC Celta quere felicitar ao seu capitán por esta nova fazaña. É un orgullo e unha sorte para o club contar cun xogador en activo de tal envergadura, tanto dentro como fose do campo. Entrega e ambición constante que seguen permitindo ao 10 celeste forxarse como un referente no mundo do fútbol, como un histórico en LaLiga e como a personificación da palabra Afouteza.

Parabéns, Iago!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas