450 PARTIDOS ASPAS
Primeiro Equipo

Iago Aspas segue escribindo a historia: 450 partidos oficiais co RC Celta!

RC Celta

Iago Aspas é historia viva do RC Celta. O canteirán celeste sumou ante o Real Madrid 450 partidos oficiais defendendo o escudo celeste, unha cifra só ao alcance do gran capitán Manolo (533).

O de Moaña debutaba co primeiro equipo o 8 de xuño de 2008 ante a UD Salamanca no Helmántico. Case quince anos despois, Iago Aspas é un referente para a canteira e o celtismo. Toda unha vida de paixón e entrega pola camiseta celeste, un exemplo e orgullo para a canteira que prosegue agrandando a súa lenda. Príncipe, rei, xenio, lenda… Xa 450 partidos de afouteza e corazón!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas