Malas noticias no parte médico. O gardameta Iván Villar foi sometido a unha resonancia magnética que confirmou que sofre unha rotura no menisco externo do seu xeonllo esquerdo. O porteiro celeste será sometido a unha artroscopia nos próximos días. Pola súa banda, Rafinha, Rubén Blanco, Juncà e Beauvue continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.