Jailson Marques sufriu unha escordadura acromioclavicular no ombreiro esquerdo durante o partido entre o RC Celta e o Real Valladolid disputado onte en Abanca Balaídos. Esta mañá, realizóuselle unha radiografía no hospital FREMAP na que se descartan lesións óseas. Nos próximos días, a actividade do mediocentro celeste irá en función á súa evolución.

Primeiro Equipo