Javi Rueda RP
Novas primeiro equipo

Javi Rueda: “É unha fantasía representar a Galicia e ao Celta por Europa “

RC Celta

O Celta e Javi Rueda seguirán camiñando xuntos ata xuño de 2029. O lateral, que chegou ao club no verán de 2023, compareceu ante os medios de comunicación na Cidade Deportiva Afouteza para compartir as súas sensacións unha vez iniciada esta nova etapa xa no Primeiro Equipo e competindo na elite do fútbol español.

Acompañado por Marco Garcés, director de Fútbol do Celta, Javi recoñeceu estar “súper orgulloso e agradecido de poder formar parte deste proxecto e deste gran club“. Ademais, recoñece o especial que está a ser esta tempada na que “é unha fantasía poder representar a Galicia e ao Celta por Europa“.

O defensa malagueño quixo agradecer o apoio que recibiu da afección desde a súa chegada ao club, “sentía moito agarimo cando estaba no Fortuna, un agarimo que agora se multiplica“.

Non te perdas todas as impresións que compartiu Javi Rueda na súa comparecencia máis especial!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas