Mathias Jensen comezou a adestrar de maneira limitada co grupo este xoves. O centrocampista danés arrastra unha rotura fibrilar no bíceps femoral esquerdo desde a súa chegada a Vigo, lesión da que xa case está recuperado, polo que se espera que reciba o alta de maneira inminente.
Tamén se reincorporou ao grupo Emre Mor tras non exercitarse onte mércores por causa dunha dorsalgia. O terceiro lesionado do equipo é David Juncà. Cunha rotura fibrilar de grao I no bíceps femoral dereito, o defensa celeste mantén adestramento individual e tratamento de fisioterapia.