mathias-jensen-entrenamiento-madroa-celta-vigo-liga-2018.jpg
Primeiro Equipo

Jensen recibe a alta médica e a enfermaría do primeiro equipo vacíase

RC Celta

Mathias Jensen, único xogador do primeiro plantel do RC Celta que permanecía de baixa por lesión, recibiu este luns a alta médica tras completar o adestramento co grupo sen ningunha limitación. Desta maneira, a enfermaría do equipo celeste vacíase.

O centrocampista danés lesionouse o pasado 5 de outubro ao sufrir unha rotura fibrilar no seu mulo esquerdo. Coa súa alta médica, Miguel Cardoso ten á súa disposición a todos os xogadores para afrontar a última semana de competición do ano.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas