O RC Celta e Chicago Fire FC acordaron o traspaso do dianteiro, Jonathan Bamba. O internacional con Costa do Marfil inicia así unha nova etapa na súa traxectoria deportiva no conxunto americano que milita na Conferencia Este de a Major League Soccer (MLS).
Bamba únese ao Chicago Fire tras chegar á cidade olívica en agosto de 2023 procedente do Lille OSC. En total foron máis 2.900 minutos, repartidos en 42 encontros, nos que o extremo defendeu o escudo celeste, achegando seis goles e tres asistencias.
Sempre comprometido e demostrando un comportamento exemplar, o RC Celta quere desexarlle moita sorte e éxitos nesta nova etapa que agora emprende.
Grazas, Bamba!