O RC Celta pechou a contratación do prometedor defensa central Jorge Sáenz, de 22 anos de idade e que chega a Vigo procedente da Valencia CF. O defensor incorpórase á disciplina celeste cedido por dúas tempadas con opción de compra.
Jorge Sáenz (Santa Cruz de Tenerife, 1996) formouse nas categorías inferiores do CD Tenerife e chegou ao primeiro equipo en 2015. Neste catro últimas tempadas o novo defensor celeste acumulou máis dun centenar de partidos na categoría de prata do fútbol español. A súa notable envergadura, que non lle impide ter unha gran saída de balón, permítelle ser unha ameaza no xogo aéreo.
Internacional coa Selección Española Sub-21, Saénz convértese na nova fichaxe do RC Celta para a presente tempada. O novo futbolista celeste será presentado este luns 15 de xullo ás 19.00 horas no estadio Abanca Balaídos. Os afeccionados poderán acceder á bancada de Tribuna Baixa polas portas 3 e 8 desde quince minutos antes.