O RC Celta pechou nas últimas horas a contratación do dianteiro internacional noruegués Jörgen Strand Larsen, procedente do FC Groningen, da Primeira División holandesa. Larsen, de 22 anos de idade e 1.93 m. de altura, foi unha das grandes sensacións da pasada tempada na Eredivisie, competición na que anotou 14 goles.
O ariete foi internacional en todas as categorías, desde a sub-16, da selección de Noruega, con cuxo combinado absoluto debutou no ano 2020. Na presente tempada, o xogador celeste disputou os 4 partidos da liga holandesa completos, nos que anotou un gol e deu unha asistencia.
Larsen é un dianteiro cun gran físico e magnífico xogo de costas, ademais de intuitivo e resolutivo na área. Cunha boa técnica, participa moito no xogo e é xeneroso no esforzo de presión. O ariete internacional será celeste ata xuño de 2028.