GRAZAS-LARSEN_16x9
Primeiro Equipo

Jorgen Strand Larsen emprende unha nova etapa deportiva no Wolverhampton

RC Celta

O RC Celta e o Wolverhampton Wanderers FC pecharon a cesión con opción de compra do dianteiro, Jorgen Strand Larsen. O noruegués emprenderá unha nova etapa deportiva en terras inglesas tras dúas tempadas na cidade olívica, onde destacou polo seu compromiso, comportamento exemplar e gran rendemento.
Larsen chegou ao RC Celta o 1 de setembro de 2022 e, tan só dous días despois, debutou en LALIGA ante o Cádiz CF en Abanca Balaídos. Desde ese momento, o dianteiro demostrou unha entrega absoluta e unha gran disciplina, tanto dentro como fóra do campo. Cun compromiso excepcional, non só co club, senón tamén coas nosas raíces e tradición, “Xurxo” gañouse o corazón de todos os afeccionados co seu carisma e o seu esforzo por integrarse na nosa cultura.
Orgullosos e agradecidos pola súa traxectoria deportiva no RC Celta, o club deséxalle toda a sorte e o maior dos éxitos na nova etapa que agora emprende.
Grazas, Xurxo!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas