O RC Celta e o FC Arouca chegaron a un acordo para o traspaso do defensa, José Fontán.
O canteirán, que militaba cedido no FC Cartaxena, pecha a súa etapa no club vigués tras máis de 3.500 minutos defendendo o escudo celeste. Agora, Fontán inicia unha nova etapa deportiva na máxima categoría do fútbol portugués.
O RC Celta quere agradecerlle a súa implicación e dedicación e desexarlle moita sorte nos seus novos retos profesionais.
Grazas, Fontán!