A ecografía realizada ao xogador revela dita lesión no recto femoral da perna esquerda
Jota Peleteiro, centrocampista do Real Club Celta, sofre unha microrrotura fibrilar no recto femoral da perna esquerda, según revela a ecografía á que foi sometido hoxe en Marbella baixo a supervisión dos servizos médicos do club.
A lesión do canteirán celeste produciuse ao final da sesión vespertina do 16 de xullo, ao golpear o balón. Jota será baixa unhas tres semanas aproximadamente.