Juan Carlos Unzué encabezará o corpo técnico do RC Celta as dúas próximas tempadas. O adestrador navarro regresa ao banquiño celeste como adestrador tras habelo ocupado como segundo técnico de Luís Enrique na campaña 2013/2014. Con el, volven ao Celta Robert Moreno, segundo adestrador, Rafel Pol, preparador físico, e Joaquín Valdés, psicólogo, todos eles integrantes daquel corpo técnico celeste que propiciou o despegue do club en Primeira División.
Juan Carlos Unzúe regresa tras unha extraordinaria etapa no FC Barcelona, onde, como segundo adestrador, sumou nove títulos nas tres últimas tempadas.
O técnico navarro compartiu banquiño e experiencias con grandes adestradores, comezando no ano 2003 con Rijkaard e continuando con Guardiola e Luís Enrique. Como primeiro técnico, dirixiu ao Numancia no ano 2010. O novo corpo técnico sseá presentado nos próximos días