Juan Hernández foi intervido satisfactoriamente este mércores. O atacante celeste sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco interior do seu xeonllo esquerdo hai dúas semanas, durante un adestramento co Cádiz CF, equipo no que milita esta tempada en calidade de cedido. O tempo de baixa oscilará entre o seis e o oito meses.